Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Abril 2024.

O Ministerio de Traballo avala a posición de CCOO ao descualificar a Servicarne por ser unha falsa cooperativa

    Esta mesma semana, o Ministerio de Traballo emitiu a resolución de descualificación contra Servicarne Sociedad Cooperativa, ao considerar que é unha falsa cooperativa, tal e como propuxera a Inspección de Traballo tras a denuncia de CCOO.

    03/05/2019.
    CCOO leva moito tempo cun intenso labor de denuncia da fraude laboral no sector cárnico

    CCOO leva moito tempo cun intenso labor de denuncia da fraude laboral no sector cárnico

    A resolución de descualificación dá por finalizado o expediente no nivel administrativo, a pesar de que desde o mes de febreiro Servicarne e as empresas cárnicas realizaron alegacións que non prosperaron. CCOO foi o único sindicato que compareceu no procedemento de descualificación, realizando os respectivos informes alegatorios contra os argumentos de Servicarne e as empresas cárnicas usuarias.Os argumentos de fondo para que o Ministerio de Traballo emitise a descualificación contra Servicarne poñen énfase en que a falsa cooperativa, malia ter esa aparencia, non funciona como tal, pois incumpre o dereito e os principios establecidos na lei de cooperativas. As altas e as baixas na cooperativa non eran voluntarias, senón a criterio das empresas clientes, converténdose nun instrumento privilexiado de flexibilidade para as empresas, e non de dereitos dos socios e socias. Ademais, carecía dunha estrutura e funcionamento democrático, así como de ausencia de relación cooperativa entre as persoas socias.Cando ás condicións laborais, eran inferiores ás dos traballadores e traballadoras por conta allea homólogas, e non se cumpría co requisito de ofrecer un emprego estable e de calidade. Na mesma liña, carecían de vacacións pagas e realizaban xornadas superiores. Todo isto, ao tempo que cotizaban no réxime de autónomos, polo que tiñan unha cobertura de protección social inferior á que correspondería no réxime xeral.Segundo o Ministerio de Traballo, Servicarne era unha simple intermediaria de man de obra que carecía dos medios materiais, organizativos e produtivos para levar a cabo o obxecto social dunha cooperativa. Non era unha empresa cárnica, senón unha oficina que fornecía de traballadores a industria cárnica.O Ministerio conclúe que os feitos probados son constitutivos dunha «infracción moi grave», consistente na paralización ou inactividade dos órganos sociais durante dous anos e que responde ás causas de disolución, segundo a lei de cooperativas, polo que procede á súa descualificación.Este golpe avala a posición de CCOO, sindicato que leva anos mantendo que no sector cárnico hai unha fraude masiva mediante a figura das falsas cooperativas e os falsos autónomos. Así mesmo, a descualificación ten gran relevancia de cara aos xuízos que iniciarán relativos ás actas de liquidación de cotas á Seguridade Social contra as empresas cárnicas clientes de Servicarne.Así mesmo, CCOO insta o Consello Reitor de Servicarne a convocar unha asemblea extraordinaria co único punto na orde do día da disolución e liquidación da falsa cooperativa. De non o facer e seguir con esta trama, o sindicato non descarta denunciar o órgano perante a Fiscalía por un delito contra as persoas traballadoras.Servicarne Sociedad Cooperativa dispuña no mes de febreiro de 2018 de 5284 persoas socias. Tras o labor sindical de CCOO e a presión da autoridade laboral, só dispón de algo máis de mil.